- A coita de amor , o sufrimento do poeta. Hai catro graos no estado amoroso do trobador: “fenhedor” (suspirante), “precador” (suplicante), “entendedor” (correspondido de palabra) e “drutz” (amante correspondido); pero o máis habitual é que non sexa correspondido. A súa mágoa pode derivar até na loucura (”ensandecer”) ou na morte e a dama mantén unha actitude de desdén, non se apiada nin se conmove do infeliz amador. Só hai unha cantiga, da autoría de Airas Nunes, que se expresa en termos de felicidade (“joi” ou goce do a mor) Ora non moiro, nen vivo, nen sei como me vai, nen ren de mí, senón atanto que hei no meu coraçón coita d'amor qual vos ora direi: tan grand'é que me faz perder o sén, e mia senhor sol non sab'ende ren. Bonifaci Calvo
Que muito m'eu pago deste verão por estes ramos e por estas flores, e polas aves que cantan d'amores por que ando i led'e sen cuidado e assí faz tod'homen namorado: sempr'i anda led'e mui loução. Cand'eu passo per algũas ribeiras, so bõas arvores, per bõos prados,
se cantan i passaros namorados logu'eu con amores i vou cantando e log'alí d'amores vou trobando e faço cantares en mil maneiras. Hei eu gran viço e grand'alegría, quando mi as aves cantan no estío. Airas Nunes
CLASIFICACIÓN: atendendo atendendo á presenza ou ausencia de refrán.
- Cantigas de mestría: de influencia culta provenzal, con máis artificios e máis metros. Soen ter 3 ou 4 estrofas de 6 ou 7 versos cada unha. - Cantigas de refrán: influenciadas pola lírica tradicional, están máis próximas ás cantigas de amigo.
RECURSOS FORMAIS: a cantiga de amor é máis complexa cá de amigo . - Dobres: repetición dunha mesma palabra na mesma posición nun verso. - Mordobres: repítese o lexema. - Atafiindas: unión entre estrofas, unha continua na seguinte. - Fiindas: conxunto dun ou máis versos que nas cantigas de refrán están situados ao final da cantiga, xusto logo do refrán, e que actúan a modo dunha conclusión.
A Rima: esquema (ABBA, ABAB), pode ser: - segundo o acento: macho (palabra aguda) / femia (palabra grave), se queda libre chámase “palavra perduda”.Cóntase até a última sílaba tónica. - segundo a repetición da sílaba final: asonante - consonante.
A estrofa ou cobra: - Cobras unisonantes: repiten a mesma distibución da rima en tódolas cobras - Cobras singulares: cambian de rima dunha cobra a outra, se o fan de dúas en dúas son “cobras doblas”. - Cobras alternas: riman as pares coas pares e as impares coas impares.