El regionalismo crítico La tradición local en valor. Sinoe Alves Rodrigues
441‐06
Índice. Introducción…………………………………………………………………………………………………….3 Crítica o modernismo e o aparición de novos movementos…………………..……….4 Rexionalismo crítico............................................................................................7 Autores Alvar Aalto.........................................................................................................10 Álvaro Siza........................................................................................................11 Luis Barragán.....................................................................................................12 Conclusión.........................................................................................................13 Bibliografía……………………………………………………………………………………………………..14
2
Introdución. La razón de la elección de este tema es debido al interés que despierta este tema por defender los aspectos contextuales de la Arquitectura; la cultura regionalista sin abandonar aspectos modernistas, siendo esta cultura la que busca evolucionar con estrategias modernistas; la complejidad de la Arquitectura, reflexionando sobre sus bases pero no imponiendo una estrategia de acción; etc. Los autores que se van a trabajar son Alvar Aalto, pola influencia exercida, Álvaro Siza y Luis Barragán (por ser arquitectos que se poden abarcar no rexionalismo, como exemplos Europeo e Americano).
3
Crítica o modernismo e o aparición de novos movementos. ´
Casa Citrohan. Le Corbusier. (www.upload.wikimedia.org)
O modernismo foi una etapa de ruptura co movemento anterior, os eclecticismos. Tamén chamado Estilo internacional, nace por volta de 1920 e é un movemento antihistórico, que propugna una arquitectura universal, “de masas”, e sen características locais. Caracterízase por a súa énfases pola ortogonalidade, polo uso de superficies lisas desprovistas de ornamentación, o aspecto de leveza debido a construción en voladizo, e o uso de materiais novos como o formigón e aceiro, ademais de unha potenciación de outros materias como o vidro para crear grandes fachadas vidradas. Cando unha crítica levántase contra unha vella orde, esta escava ata o fondo das súas contradicións, carencias, … levantando unha nova base ideolóxica que poden desembocar en mitos para reforzar estas ideas. Rematada a revolución, a crítica débese desvincular do apoio a causa revolucionaria, descubrindo en ela, outra vez, contradicións, carencias, errores,… “Los mitos generosos de la primera fase heroica, perdido su carácter de ideas‐fuerza, se convierten ahora en objeto de crítica”1. O modernismo levantouse como unha crítica a vella orde, o eclecticismo, levando a creación de unha nova base ideolóxica que apoiouse en mitos, a ausencia do historicismo e de toda cultura, a realización dunha arquitectura completamente nova, “moderna”. Estas ideas‐ 1
TAFURI, Manfredo. “Teorías e historia de la arquitectura. (Hacia una nueva concepción del espacio arquitectónico).
4
forza permitiron o cambio de mentalidade arquitectónica, pero unha vez superada a causa revolucionaria, aparecen outros movementos que as rexeitan, converténdose estas ideas en obxecto de crítica. A aparición de diferentes movementos (Pos‐modernismo, estruturalismo, pos‐ estruturalismo, Escola de Venecia, Rexionalismo Crítico)débese as diversas interpretacións sobre unha mesma cuestión, argumentar contra a simplicidade, claridade e singularidade, defendendo a complexidade, contradición e pluralidade da arquitectura. O Pos‐modernismo rexeita os criterio propio do modernismo (a ruptura, o novo); non existe a necesidade de innovar, pódese imitar criativamente, defendendo a consciencia da retoma da historia,podendo tomas formas pasadas (unha visión da historia fragmentada, collendo de ela as formas que consideremos oportunas). Pero non rexeita completamente o modernismo, acepta e adapta as condicións dadas por el. Por exemplo, rexeita a Racionalidade estética, aceptando o Funcionalismo da construcción segue intacto. Defenden que a ornamentación e a alusión histórica enriquecen a arquitectura, sendo esta más complexa. Na actitude do movemento vese unha certa relatividade, non defende ter a verdade absoluta, o contrario do modernismo que prescribía como unha receita que tiña que ser repetida. En síntese pódese dicir que o modernismo era a ocultación mediante a historia da produción de obxectos arquitectónicos producidos en masa. O estruturalismo nace no Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM), e afírmase co grupo Team X. Pretende unha arquitectura máis participada por parte dos utilizadores, onde o arquitecto guíao no percurso. Dende un punto de vista lingüístico, podemos analizalo como un texto,onde o arquitecto (emisor) vincula un significado a súa obra (mensaxe) que o utilizador comprende (receptor). Neste movemento evidénciase unha negación da historia, punto en común con o modernismo. Confería énfase na multiplicidade e as relacións humanas, sendo este un dos puntos para a complexidade da arquitectura. Examinaba grandes estruturas, analizando as funcións e relacións mínimas. Cara as densas estruturas da sociedade contemporánea, establecía relacións con estruturas tradicionais e locais de África e Asía. Isto non pode ser comparado con a utilización da cultura por parte do rexionalismo crítico, xa que o estruturalismo colle fragmentos da cultura africana e asiática para aplicar en calquera parte do mundo, e o rexionalismo valoriza a cultura tradicional aplicada a esa rexión, como xa veremos a seguir. O pos‐estruturalismo é un movemento en contra o modernismo, o pos‐modernismo e o estruturalismo. Caracterízase pola fragmentación, rexeita un proceso linear de deseño ( en contra da racionalidade ordenada do modernismo); ten unha actitude de desmontar a arquitectura, unha postura de confrontación contra a historia e a arquitectura (rexeitando calquera influencia pos‐modernista); formas destruturalizantes, etc. Pode ser entendido como un hipertexto, onde non existe nin principio nin fin, non é o emisor o que vincula un significado a mensaxe senón o receptor, dando a posibilidade de varias interpretacións. A Escola de Venecia foi un movemento que predicaba a critica é revisión do movemento moderno, defendendo que había que pensar no cidadán como persoa e non como datos estatísticos, a humanización da cidade, a planificación da cidade tendo en conta a topografía do lugar ( en vez de un lugar plano e desobstruído como propuña o modernismo), 5
etc. Este movemento defenden a historia, pero no utilizada como é no pos‐modernismo (que utilizábase fragmentada, adquiríamos aqueles fragmentos do noso interese) senón como análise do seu desenvolvemento; e evidencia a preocupación por unha arquitectura orgánica (pola influencia de Bruno Zevi e o “exilio voluntario” de Frank Lloyd Wright, que estuda Historia da Arte e Arquitectura en Italia, deixando as súas ideas sobre a arquitectura orgánica) que se vai traducir para unha preocupación con o lugar, con a adaptación o sitio e as condicións climáticas.Por outra parte, a Escola de Venecia non rexeita os paradigmas formais do modernismo (simplicidade formal, superficies limpas, puras,…)pero desvincula a forma da función, sendo esta influenciada polo lugar, o contexto. Esta evidente preocupación polo lugar, abriu camiño para o rexionalismo crítico.
6
Rexionalismo crítico.
Debemos este termo a Tzonis e Lefaivre, que sería máis tarde tamén utilizado polo historiador de Arquitectura Kenneth Framptom. Ademais de inestimable axuda dos conceptos da Escola de Venecia, o contexto social contribuíu para a afirmación do rexionalismo crítico. En pleno desenvolvemento da globalización, comezan a difuminarse, pouco a pouco, os límites políticos e territoriais. Contra isto, aparecen os nacionalismos, que valorizan o local, debido o desexo da realización dunha identidade, con a aspiración de certa independencia cultural, económica e/ou política. Pero chegar a negación de calquera aspecto estranxeiro, é sentirse débil, o que paraliza en vez de axudar a crear. Como comentou Marc Augé na súa conferencia na Feira do Libro de 1998, "los fundamentalismos que reaccionan contra la globalizacion capitalista y la Occidentalizacion, terminan haciendo lo mismo, imponer de cualquier medio sus conceptos como verdades absolutas, de aplicación universal". Dábase certo paralelismo na arquitectura, a universalización do Estilo Internacional, provocando unha “globalización” da arquitectura, transformándose nun produto de masas, “produtivo” e “eficiente” para calquera lugar, producido baixo unha base repetitiva como os produtos industriais. Parecía que o ascender a unha cultura de masa conducía a unha subcultura. Fronte a isto, nace o sentimento de valorizar o local, a cultura, o lugar, etc. Aparece entón o paradoxo: é preciso a reivindicación cultural e espiritual, pero para a arquitectura moderna, é necesario participar das evolucións e innovacións técnicas. O rexionalismo atopa aquí o seu papel, debe ser o moderador deste dialogo entre a universalización e a cultura local. Por tanto, o rexionalismo crítico con é unha busca nostálxica da cultura popular nin un rexeitamento das bases do modernismo. Son unha busca e conxunción crítica dos dous aspectos. 7
Cada rexión participa como a súa xeradora de pautas, sen esperar modelos nin xuízos de ningún centro. Propón os seus propios camiños relativamente o tempo do contexto. Por tanto, o rexionalismo crítico reconstrúe as bases da arquitectura sen receitar unha estratexia única. Este movemento demostra un gran interese por a especificidade do lugar, non só nas súas cuestións climatolóxicas, culturais, artesanais,… senón tamén as poboacións onde se enxiren. Desde un punto de vista, a asociación entre a sociedade e o arquitecto. Por tanto, é importante o aspecto de ser unha arquitectura menos impositiva que a modernista, debido a ser unha arquitectura que se adapta a rexión, con a utilización das técnicas construtivas e materiais locais, adecuándose a cultura e o punto de vista estético do local, sendo máis facilmente aceptada pola poboación. A análise climatolóxica, artesanal..., fan que sexan desde o punto de vista ecolóxico máis correcta. Analizan a receptividade da luz e o clima para mellor aproveitamento, así como o uso crítico de prácticas construtivas, melloradas con técnicas innovadoras. O rexionalismo crítico práctica unha arquitectura máis espacial e experimental do que orientada a imaxe. Se enfatizan outras características en vez do aspecto visual, como o táctil, as diferentes temperaturas, o aroma, os sons, a ventilación, etc. Polo que se provoca no utilizador mudanzas sensoriais, psicolóxicas, etc. É aquí onde cobra significado a ausencia da inocencia arquitectónica, o arquitecto dirixe e condiciona acontecementos e relacións, podendo ir dende o máximo ditame da forma de vivir (estruturalismo) ate a máxima liberdade de utilización (pos‐estructuralismo).Por tanto, non se aceita unha arquitectura percibida como un escenario o moda efémera, ou narcisista. A arquitectura moderna e a súa relación con a cultura, pasa por unha resistencia pasiva, creando lugares e non espazos o escenografías. A crítica feita o rexionalismo Crítico é que os arquitectos só podrían construir nas súas rexións. Tzonis e Lefaivre garanten que todos os arquitectos teñen os coñecementos necesarios para a identificación, descomposición e recomposición dos elementos (desfamiliarización) polo que poden traballar en calquera lugar analizando a súa cultura. Visto todo isto, podemos desenvolver un esquema básico de características do rexionalismo crítico fronte o modernismo:
Rexionalismo Crítico
Modernismo
¾
Importancia do terreo, “construír o lugar”
¾
Terreo plano e desobstruído.
¾
Aproveitamento das técnicas artesanais e materias locais.
¾
Innovación en todos os apartados, rexeitamento da cultura e materias novos como o aceiro ou formigón.
¾
Arquitectura máis espacial e experimentada.
¾
Arquitectura máis orientada a imaxe.
¾
Arquitectura máis ecolóxica debido a énfase das condicións do terreo, así como utilización de prácticas
¾
Arquitectura ligada a unha base que marca a estratexia a seguir, sen importancia do lugar. 8
construtivas e materias locais. ¾
Arquitectura menos impositiva, debido a utilización de prácticas construtivas e materiais locais, adecuándose a cultura e o punto de vista estético do lugar.
¾
Arquitectura máis ditatorial, debido a una estratexia definida, podendo provocar a rexeitación da obra por parte da poboación.
Fronte a isto, sen coñecer o principio de reconstrución das bases modernas a través da cultura rexional, pódese pensar que o rexionalismo crítico é un movemento desligado do modernismo e contrario a el. Pero isto non é así, pretende continuar coa liberalización promulgada polo modernismo e establecer unha teoría que de continuidade o exercicio crítico da arquitectura, rexeitando toda arquitectura deshumana. Diversos movementos e arquitectos foron adherindo a esta idea de asimilación e reinterpretación, como Jørn Utzon, sobre todo na igrexa de Bagsvaerd.
Casa del Puente. Amancio Williams. www.a4iu.blogsome.com
Outro exemplo pode ser o Grupo R, fundado por Sostre y Bohigas, definindo a verdadeira cultura moderna como un híbrido de universalismo e rexionalismo. Tamén temos exemplos en América, na Arxentina a casa ponte de Amancio Williams, en Brasil, Oscar Niemeyer. Como non podemos deixar de nomear a Mario Botta e Tadao Ando, e os autores despois estudados. Un movemento que prolóngase ate os nosos días e que moitos arquitectos podemos consideralos dentro deste movemento, se non a eles, a algunha das súas obras.
9
Autores Alvar Aalto
Alvar Aalto. (www.edelstall.at)
Naceu en Koortana (Findlandia) o 3 de febreiro de 1898. Estudou arquitectura no Instituto Técnico de Helsinki. Realizou unha viaxe de estudos por Europa en 1921. En 1923 abre o seu propio despacho,o cal muda dous veces, a segunda a Helsinki. Casase, en 1925, con Aino Marsio, quen foi a súa colaboradora. En 1928 foi nombrado membro do CIAM. Acaba trasladándose a Estados Unidos, onde foi profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. En 1935 funda con a súa esposa a empresa de mobles Artek. Diseña aquí a súa primeira silla en estrutura de madeira autoportante e o vaso Savoy. Muere en Helsinki el 11 de mayo de 1976. Grazas o pai, topógrafo, Aalto herdou un estreito compromiso con a cultura finlandesa, que defendía un profundo respeto con a natureza. O estudo minucioso da paisaxe, a súa medición e descripción, establece un marco perfecto para contextualizar e integrar as obras o medio envolvente. Esta familiaridade e experiencia con o territorio voltou a Aalto sensible cara o organicismo e os materias naturais. As obras de Aalto integranse na paisaxe armoniosamente, formando con o terreo un conxunto arquitectónico. Desde os seus primeiros traballos atísbase unha arquitectura humanizada, tendo coidado para a realización de ambientes confortables, pensando na luz, deseñando o seu mobiliario, etc, coñecido internacionalmente como o “naturilizador” e 10
“humanizador” da arquitectura moderna, que era fría e excesivamente racional. Aalto utilizaba unha gran variedade de materiais, combinando o moderno e o tradicional (e mesmos os materiais naturais, como a madeira e a pedra, son utilizados de forma innovadora); e pormenores constructivos de orixe tradicional . Na súa fase madura, Aalto retoma especial enfase no ladrillo, material moi usado na Finlandia para a costrucción de edificios utilitarios. A súa obra maestra, o pequeño Concello de Säynätsalo, demostrou como os materiais máis tradicionais podían ser utilizados nunha auténtica arquitectura moderna. Visto todo isto poderíamos considerar a Aalto un arquitecto plenamente integrado no Rexionalismo Crítico, pero isto non é de todo certo, porque el non contaminaba e reinterpretaba o Estilo Internacional coa cultura do local onde construía, senón con a cultura finlandesa, alí onde iba, levaba consigo a Finlandia. Estudamos este autor porque as súas ideas e obras podemos introducilas no Rexionalismo Crítico, polo que foi unha gran influencia para este movemento. Isto faise máis evidente cando, Kenneth Frampton, buscando integrar unha filosofía do Rexionalismo Crítico contra o pos‐modernismo ecleptico, toma como exemplo a Alvar Aalto, e máis concretamente ao Concello de Säynätsalo.
Concello de Säynätsalo. Alvar Aalto(www.freewebs.com)
11
Álvaro Siza
Álvaro Siza. (www.freewebs.com)
Nace en Matosinhos (Oporto) un 25 de junio de 1933. Quiso ser escultor, pero por non contrariar o seu pai matricúlase en arquitectura, fundamentalmente despois da visita a Barcelona na década dos 40 e de visitar as obras do arquitecto Antonio Gaudí. Licénciase en 1966 na Facultade de Arquitectura de Oporto. Foi profesor da Escola Superior de Belas Artes de Oporto entre 1966 e 1969. Tamén foi profesor visitante en Lausana, Pensilvania, Bogotá y Harvad. É Director do Plan de Recuperación de Schilderseijk na Haya e da reconstrucción do Chiado en Lisboa. Para comprender o arquitecto, os conceptos nos que se basea, solo fai falla observar o seu bocetos. Por un lado observase a importancia que Siza dá os espazos: so basta ver os seus bocetos in situ antes da realización de seu propio proxecto. O local de edificación acaba por ser o núcleo da proxecto, establece un dialogo con o terreo e o reinterpreta, para que sirva de base para os seus proxectos. Outra é a profunda consciencia social, as persoas non aparecen forzadas, senón que confiren de escala humana a súa arquitectura, constrúe edificios para as persoas. Por último, a sensibilidade, a textura e os acabamentos son tan importantes como as formas e o tratamento da luz. Os esbozos de Siza representan a arquitectura de Siza, xa que neles nútrese de parametros sociais, históricos, formais, técnicos, constructivos e de sensibilidade. É un perfecto exemplo de fertilización recíproca e reinterpretación proclamado polo Rexionalismo Crítico, dos que superen administrar a dose suficiente de "o de acá y o de alá".Un exemplo é o método de colaxe feito por Alvar Aalto para a forma construída é mediada por tipoloxías normativas inspiradas nos traballos dos neo‐racionalistas italianos. Influído por Aalto, basou a súa arquitectura na topografía do lugar, na paisaxe urbana, na sensibilidade 12
polos materiais do lugar, a luminosidade da rexión sensibilizandose para o tipo de filtraxe e penetración da luz. Exemplo desto é a casa Beires en Póvoa do Varzim (1977).
Casa Beires en Póvoa do Varzim. Álvaro Siza (www.homelessmonalisa.darq.uc.pt)
13
Luis Barragán
Luis Barragán. (www.arqhys.com)
Nace en Guadalajara (México) un 9 de marzo de 1902. Estudou, entre 1919 e 1923, na Escola Libre de Inxeñeiros de Guadalajara. En1925 , durante un ano, viaxa a Francia e España. Neste período visita a Exposition Internationale des Arts Décoratifs et Industriels Modernes en París. En 1976 o Museo de Arte Moderno de Nueva York realiza una mostra con o nome The Architecture of Luis Barragan. Foi membro da SAM e da AIA, e a raíz da exposición de 1976 obtuvo o premio nacional de Arquitectura de México no mesmo ano. O maior recoñecemento conseguiuno en 1980 con o premio Pritzker. Solía pasar as súas vacacións na facenda de Corrales, en Mazamitla, Jalisco. Esta experiencia infantil, no entorno serrano rural mexicano deixaría pegada na súa creación artística. As súas obras son extremadamente topográficas, atrapada na terra, pensada só para o horizonte mexicano. Ademáis de arquitecto, paixasista, procurou unha arquitectura sensual e mundana, de espazos fechados, marcos, fontes, crusos de auga, cores saturadas… Traía sentimentos e preocupacións a invasión da privacidade. A vida cotidiana moderna tórnase demasiado pública, en parte debido a radio, televisión, teléfono, etc. Sente a necesidade de amurallar os xardíns, para facer esapcios máis humanos.
Casa de Barragán en Póvoa do Varzim. Luis Barragán. (www.ibiblio.org)
14
Conclusión. Por tanto, la elección del regionalismo crítico es debido a la enraización de la arquitectura al lugar, no solo a nivel topográfico sino también cultural, sin dejar atrás las innovaciones modernistas. A nivel personal me parece interesante debido a que es un pensamiento que refleja claramente la complejidad de la arquitectura. No defiende un estilo global, sino la evolución de la cultura del lugar a través de estrategias modernistas. Me parece una postura de total actualidad, como se ve en la administración de poderes en los países en el que se pactan unas bases para que después las regiones tengan leyes que se adapten al lugar. Además de ser una opción más ecológica, que respeta el lugar y valoriza los materiales propios del lugar.
15
Bibiografía. As fontes consultadas foron: TAFURI, Manfredo; Teorías e historia de la arquitectura ( hacia una nueva concepción del espacio arquitectónico) Editorial Laia Alvar Aalto, Editorial Dinalibro. Álvaro Siza, Editorial Dinalibro. BANHAM, Reymer; Guía de la arquitectura moderna. Editorial Blume. PORTAS, Nuno; Portugal, arquitectura, los últimos 20 años. Editorial Electa. Fontes de internet. www.wikipedia.com www.monografrías.com
16