VANTAXES DA XORNADA ÚNICA • Mellora as condicións para o rendemento académico ao aproveitar para as clases a fase do día de maior concentración e capacidade intelectual. • Mellora as condicións para o estudo e o traballo persoal na casa. • Non se producen interrupcións horarias que prexudiquen a atención e o rendemento escolar.
CALENDARIO DE ELECCIÓNS SOLO 1 VOTO FAMILIA
DÍA DA VOTACIÓN
12 DE XUÑO DE 2014 HORARIO: 9:00h-21:00 h IMPRESCINDIBLE PRESENTAR o DNI ACCIÓNS INFORMATIVAS
• Reduce desprazamentos polo tanto aforra tempos.
• Deixa máis tempo para xogar e asistir a actividades extraescolares.
• Garante o uso da biblioteca como lugar de consulta e estudo fóra das horas de clase.
• Posibilita unha mellor planificación das actividades do profesorado e facilita a súa participación en actividades de formación.
XORNADA ÚNICA
SEMANA 19-25 MAIO Reunións co profesorado Tríptico informativo SEMANA 26 MAIO-1 XUÑO Reunións co profesorado Vídeo Informativo 6 XUÑO Merenda lúdica e informativa ABERTA A TODAS AS FAMILIAS (Club Náutico, Lonxa Vella) 12 XUÑO DÍA DA VOTACIÓN (9h-21h)
• Garante o compromiso de presentación dun equipo directivo e claustro estable, comprometido coa xestión do centro. • Unifica os horarios lectivos con outros centros educativos do concello, favorecendo a organización da vida familiar. • Aumenta as posibilidades da hora de saída do alumnado do centro educativo, adaptándose mellor aos distintos xeitos de organización da vida familiar e laboral.
PROXECTO
Campo Santa Irene, s/n 15970- PORTO DO SON Telf: 981767471 E- mail:
[email protected]
EVOLUCIÓN DA XORNADA ÚNICA NOS CENTROS * Datos facilitados pola Consellería de Educación.
Provincia
200203
A Coruña Lugo
215 14 11 298
Ourense Pontevedra
200708 317 22 20 381
201011
201114
364 32 29 413
384 71 34 426
ANPA SANTA IRENE
[email protected]
Mellorando a calidade educativa e social PROXECTO PARA A IMPLANTACIÓN DA XORNADA ÚNICA 2014 A organización escolar en xeral.
¿En que consiste a xornada única de mañá? En desenvolver a xornada escolar só en sesión de mañá, sen interrupción e de forma continuada. ¿Que horario se propón? De 8:45-13:45 h. para o desenvolvemento das clases. Pola tarde a biblioteca do centro estará aberta 2 horas, agás os mércores (titorías). De 16:00 en adiante: para actividades extraescolares (ofertadas polo centro, o Concello e a ANPA). Posibilidade de que algunhas actividades comecen as 15:30h (fóra do centro) ¿Que permanece invariable? O número de sesións lectivas: cinco ao día, con 30 minutos de recreo. O servizo complementario do centro: transporte escolar. A organización de actividades extraescolares.
¿Por que a solicitamos? Como resposta á petición de familias do noso centro, do Claustro e do Consello Escolar. ¿Que necesitamos para a súa implantación? O voto favorable do 58% do censo escolar. En Santa Irene: 100 votos (mínimo). SOCIOS/AS E NON SOCIOS/AS DA ANPA: TODAS AS FAMILIAS TEÑEN DEREITO AO VOTO
¿Que proceso se segue para a implantación da xornada única? A Orde do 29 de Maio de 2008 (DOG do venres, 6 de xuño) regula o procedemento. ¿Que cambia coa implantación da xornada única?
O cambio fundamental é o horario escolar, que se desenvolve nunha soa sesión matinal de 5 horas lectivas. Ademais: ➢ Distribúe máis equitativamente o tempo da docencia de todas as áreas. ➢ A biblioteca estará abertas 2h pola tarde (agás os mércores) e organizada e supervisada por profesorado. ➢ As actividades complementarias favorecerán a participación maioritaria do alumnado: ✔ A ANPA ofertará e adiantará actividades: informática, inglés, outras... ✔ No polideportivo impartiranse actividades deportivas organizadas polo CONCELLO e as asociación deportivas municipais adaptaranse ao novo horario (posiblemente empezen unha hora antes). ✔ As academias privadas de inglés e música adaptaranse na medida do posible ao novo horario. ✔ A LUDOTECA municipal abrirá 4 h polas tardes (de 16:00 a 20:00)