SR. ALCALDE DO CONCELLO DE CANGAS
Asunto: Creación do Espazo Natural de Interese Local de “Punta Balea - As Barreiras”. Xosé Manuel Cordeiro Fandiño con DNI 76.807.754, como presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo e Antonio Fernández Cordeiro con DNI 36.053.534 e presidente da asociación Grupo de Anelamento Anduriña ,
EXPOÑEMOS: A vontade de promover a creación dun Espazo Natural de Interese Local nos montes da Porteliña, da Vela, Areamilla, Barreiras, etc. situados na zona de Balea – – Areamilla – – Santa Marta (ver localización no anexo cartográfico adxunto), dado que posúen unha extraordinaria riqueza natural e paisaxística. Esta zona destaca pola concentración de multitude de hábitats en moi pouca superficie dando lugar a unha gran riqueza natural e a unha alta diversidade biolóxica. Ocupa unhas 35 ha, das que a práctica totalidade son de propiedade comunal (boa parte delas en zona de servidume de protección) e Dominio Público Marítimo Terrestre (a partir de agora DPMT). Este lugar atópase en solo rústico catalogado como de Protección de Espazos Naturais dende 1990, polas normas complementarias e subsidiarias da provincia de Pontevedra, ditadas pola entón Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas. Os comuneiros de Darbo decidiron en Asemblea o pasado 9 de maio de 2015 incorporar os terreos propiedade da CMVMC de Darbo á proposta de creación do citado Espazo Natural de Interese Local. Este espazo non é unha illa; atópase no extremo da franxa de territorio catalogado como de Protección de Espazos Naturais, antes citado, que vai dende aquí ata Cabo Home, pasando polas interesantísimas paraxes botánicas das dunas de Liméns e de Nerga - Barra, que actúan de corredor garantindo a entrada e o intercambio xenético das diferentes especies de flora e fauna. Segundo a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza, este territorio de protección de espazos naturais non incluído na Rede Natura 2000, podería
1 de 5
declararse como "zona de especial protección dos valores naturais", xa que de acordo co artigo 16 desa lei, "polos seus valores, interese natural, cultural, científico, educativo e paisaxístico, é preciso garantir a súa conservación, ao non ter aínda asignada unha protección específica". Pese á súa importancia e a que conserva unha altísima diversidade e algunhas especies de plantas xa desaparecidas na meirande parte da costa da ría de Vigo, nada se tivo andado nos últimos anos de cara a unha protección efectiva deste espazo, que se está a deteriorar progresivamente, e que se verá estragado de non se decretar unhas medidas axeitadas. Por suposto a situación actual de degradación imposibilita o desenvolvemento normal dos ecosistemas e inhabilítao para o uso adecuado da sociedade. A figura de protección máis axeitada para á zona sería o Espazo Natural de Interese Local (dende agora ENIL), regulada polo Decreto 124/2005, do 6 de maio. A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, define a categoría de ENIL: “Por “Por petición dos concellos e logo de informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a Consellería de Medio Ambiente poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados no termo municipal, que polas súas singularidades sexan merecedores merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais ”. As vantaxes da declaración do ENIL para o pobo de Cangas son a dispoñibilidade dun espazo natural próximo ao casco urbano para a realización de actividades de lecer, beneficios para a saúde e o benestar, educación ambiental que se poden orientar aos escolares e resto de cidadáns, a creación de itinerarios e módulos didácticos de xeito que permita asistir a visitas guiadas nas que se amose a fauna e a flora da localidade na que viven e a defensa e conservación do Patrimonio. Esta riqueza biolóxica tamén se pode visualizar como unha fonte de recursos para a poboación. O turismo e as actividades recreativas constitúen na actualidade un dos usos máis habituais neste tipo de espazos situados no litoral. Por último, é unha vía para recibir axudas económicas posto que segundo se desprende do artigo 5º do Decreto 124/2005 os ENIL “ poderán poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión”. xestión”. Algúns exemplos do que se propón, dentro do mesmo ámbito da ría de Vigo e con valores semellantes son: o ENIL “Ecosistema dunar praia América – Panxón” (Orde de 4 de xullo de 2014. DOG. Núm. 135, páx. 31452) e o ENIL
2 de 5
“Complexo dunar e Areal do Vao – Baluarte” (Orde de 26 de agosto de 2013. DOG. Núm. 165, páx. 34610). Será preciso elaborar un proxecto de rexeneración integral e de uso do Espazo Natural corrixindo a tendencia actual de progresiva degradación. Este proxecto de recuperación natural deberá contar con asesoramento técnico, na fase de elaboración e antes de cada actuación, de cara a evitar novos males que orixinen un efecto destrutivo. O antigo edificio do matadoiro semella idóneo como aula de natureza, que sirva de centro de interpretación, onde se explique aos visitantes as características dos diferentes ecosistemas e as especies que se poden observar, introducíndoos no estudo do medio ambiente e amosándolles a enorme riqueza ecolóxica na procura dunha maior sensibilización cos problemas derivados da humanización do medio natural. Os parques e áreas de lecer, os “merendeiros” coas súas correspondentes infraestruturas (mesas, fogóns, árbores, etc.) necesarios para o esparexemento da poboación, deben instalarse en lugares sen valor ecolóxico. O extraordinario potencial deste espazo natural, tan próximo coma descoñecido, verase estragado de non decretarse unha axeitada protección. Por iso e tomando t omando en consideración o exposto con anterioridade
SOLICITAMOS: 1. Poñan en coñecemento coñecemento de tódolos partidos políticos con con representación no concello de Cangas a seguinte proposta a fin de someter a votación no Pleno municipal a creación dun espazo natural na zona de As Barreiras, Outeiro Balea, Santa Marta, Balea, Areamilla, Punta do Corveiro, Lagoa de Massó e A Congorza-Peirao da Baleeira baixo a figura de ENIL. 2. En caso de aprobación aprobación por parte do Pleno, realizar os traballos técnicos e administrativos que conduzan á tramitación do ENIL coa administración competente (Xunta de Galicia). 3. Contribúan á posta en valor deses terreos con tarefas como: a creación dun centro de interpretación na Congorza, a eliminación progresiva de
3 de 5
especies exóticas invasoras (herba da Pampa, eucalipto, acacia, mimosa, etc.), restauración de áreas degradadas, promoción da vexetación autóctona (toxeiras costeiras, laurisilvas, ripisilvas, etc), restauración do tramo final e desembocadura do rego Pontillón, restauración da zona lindante á furna de Santa Marta, restauración do sistema dunar de Areamilla e Ribeira do Medio, Sen máis, poñémonos a súa disposición para que no caso de que se aprobe a proposta para a creación creación do ENIL “Punta Balea - As Barreiras”, colaborarmos nas medidas que se adopten para a súa creación perante a administración competente. Tamén ofrecemos a nosa colaboración para a promoción do futuro ENIL aos colectivos veciñais, administración de Costas do Estado (propietaria dunha parte dos terreos), movementos sociais, organizacións empresariais, etc. Así mesmo facilitaremos a información que o Concello precise (inventarios de flora, fauna, áreas de maior interese, etc,). Saudámolo atentamente.
Cangas, 27 de outubro de 2015
Xosé Manuel Cordeiro Fandiño
Antonio Fernández Cordeiro
4 de 5
ANEXO:
5 de 5